“Se o teu negocio non está en internet, o teu negocio non existe”, di un tal Bill Gates, e razón non lle falta… Hoxe en día é fundamental estar localizable na rede, dar a coñecer o teu traballo ós teus futuros clientes e ofrecer os teus servicios ao mundo. Dende Nordeseño querémosche axudar nese proceso.
Webs corporativas a prezos moi competitivos, onde dar a coñecer a túa empresa ao mundo. Ocupámonos de todo o proceso: deseño, contratación do servidor e dominio, posta en marcha, etc. Tan só cóntanos cal é a túa idea e nós facemos o resto.
Monta a túa tenda en internet e comeza a vender os teus productos de forma rápida e sinxela dende a túa casa. Sistema de pagos online mediante TPV virtual, Paypal ou transferencia. Xestiona os teus pedidos e envíos dunha forma cómoda e intuitiva.
¿Quéreslle dar un lavado de cara á túa web? En Nordeseño tamén nos encargamos de renovar e actualizar webs antigas. Se buscas un deseño máis moderno, queres renovar a imaxe da túa web, engadir ou actualizar información, traducila a outros idiomas, etc. contacta con nós e cóntanos o que precisas.
Se o que precisas é unha web low cost onde publicitar os teus servicios, colgar os teus traballos nun portfolio ou contarlle ó mundo as túas vivencias nun blogue, esta é a túa. Deseños elegantes e moi intuitivos onde ti mesmo poderás xestionar a túa información, subir os teus traballos, fotos, etc. dunha forma moi sinxela. Cóntanos o que buscas e deseñámosche unha web persoal a medida.
O posicionamento da túa web é fundamental á hora de lograr que a xente atope a túa páxina en buscadores coma Google. Se precisas axuda para facer a túa páxina máis visible non busques máis! Nós encargámonos de simplificar ese proceso e levar a túa web ás primeiras posicións nos buscadores traballando a SEO e poñéndoa ao alcance dos teus futuros clientes.
O encanto está no interior, nós tamén o pensamos… Máis neste mundo dixital unha boa imaxe exterior é fundamental á hora de causar boa impresión no cliente. Logotipo, papelería e imaxe corporativa, packaging, cartelería… En Nordeseño asesorámosche e axudámosche á hora de buscar a mellor imaxe para a túa empresa, para comezar dende cero o teu negocio ou para darlle un aire fresco ao que xa tes. Un deseño moderno, elegante e a medida, que se adapte 100% á idea que queres transmitir aos teus clientes.
Asesorámosche no deseño da túa marca, dende a creación do logotipo ata o deseño de toda a imaxe da túa empresa ou negocio. Contacta con nós e cóntanos o que precisas e as ideas que che gustaría transmitir na imaxe da túa empresa e nós porémonos ao traballo para plasmar esas ideas.
Tarxetas de visita, papel carta, sobres, carpetas, etc. Deseñamos toda a papelería que precises para a túa empresa.
Se o que buscas é personalizar as túas prendas de vestir (camisetas, suadoiros, etc.), precisas de camisetas para un evento ou despedida, etc. Nós ocupámonos de todo o proceso: dende o deseño ata a serigrafía e o envío, para que as recibas o antes posible na túa casa. Contacta con nós e pídenos orzamento.
Si, gústanos debuxar. Máis de 10 anos de experiencia aválannos. Realizamos todo tipo de traballos de delineación tanto para particulares coma para profesionais do sector.
Delineación de planos para proxectos de edificación, construcción, todo tipo de instalacións, etc. Cóntanos o teu caso particular e nós asesorarémoste sobre as mellores solucións. Entrega dos proxectos en formato dixital CAD ou impreso.
Desplazamento ao lugar da medición, toma de datos in situ e entrega posterior de planos dixitais. Se o precisas tamén facemos croquis 3D.
Actualización de planos de formato papel a formato dixital. Tanto antigos planos coma bocetos ou croquis. Entrega en formato dixital CAD ou impreso.
Levantamentos de planos en 3D. Fanse dende croquis sinxelos, ata infografías ou Render realista.
Un cliente satisfeito é sinal de traballo ben feito. Por iso mesmo a satisfacción dos nosos clientes é o noso principal obxectivo. Somos moi conscientes de que un cliente contento é a mellor publicidade posible e investimos o noso esforzo neso. O noso traballo non remata ata que esteas 100% satisfeito cos resultados que che ofrecemos.
Gústanos o trato cercano co cliente, facéndoo partícipe en todo momento do proceso de deseño. Máis ninguén nace aprendido, polo tanto cremos que é fundamental explicarlle en todo momento cada fase do proxecto ao cliente, simplificando as partes máis técnicas e resolvendo tódalas dúbidas que lle xurdan ao longo do proceso.
Encántanos o que facemos. As nosas gañas de traballar empúrrannos a aceptar novos retos. O noso entusiamo polo deseño lévanos a seguir aprendendo continuamente e mellorando día tras día.